Software de xestión para a industria do metal hola@ferranta.com Acceder
GL
  1. Ferranta
  2. Plataforma
  3. Produción

Fabricar Produción

Control de produción para talleres de chapa

As etapas de fabricación saen do propio orzamento. Cada pedido xera as súas ordes, cada orde pasa polos seus postos e sabes en todo momento que se está a facer, onde e canto está custando.

Pide unha demo

Ordes de fabricación, planificación e planta.

Comparar os plans en detalle

Que inclúe

  • 01Ordes de fabricaciónUnha OF por liña de pedido, con plano, material, ruta e cantidades.
  • 02Planificación por capacidadeHoras dispoñibles e eficiencia por máquina; ves a carga real e o prazo que podes prometer.
  • 03Postos de traballoCorte, pregado, soldadura, pintura, embalaxe… cada pedido avanza polas etapas do teu taller.
  • 04Modo tabletaO operario abre a súa OF cun QR, marca o material utilizado e as pezas cortadas e consulta o plano.
  • 05Envío a máquinaUn axente no taller deixa cada programa na máquina que corresponde.
  • 06Etiquetas en plantaEtiquetas de peza acabada e de material directas a impresoras Zebra de rede.
  • 07Custo teórico fronte a realO orzamentado contra o fichado e consumido en cada orde.
  • 08Stock de chapa e retallosA chapa descóntase ao fabricar e os retallos quedan dispoñibles para o seguinte traballo.

Vémolo funcionando?

Ensinámosche este módulo con datos dun taller coma o teu.

Pide unha demo